TORNEO DE PARELLAS EN P&P OURENSE

8 Feb by Administrador

TORNEO DE PARELLAS EN P&P OURENSE

O sábado 15 de febreiro as 10:30h celébrase no campo de footgolf P&P Ourense un torneo de parellas na modalidade «Greensome Chapman».

Esta modalidade consiste en que os dous xogadores dan o primero golpe e no segundo golpe intercámbianse os balóns. Unha vez efectuado o segundo golpe de cada xogador, escóllese o mellor balón situado, e a partir de ahí, procede o xogo con un balón en golpe alterno.

O torneo terá premios para os vencedores scratch (absolutos) e hándicap. A fórmula para o cálculo do hándicap da parella é: 60% do hándicap máis baixo + 40% do hándicap máis alto da parella.

As inscricións faránse a través dos seguintes whatsapp: 609824943 (Víctor ) ou 669888597 (Noé).

A competición está limitada a 18 parellas por orden de inscrición. O prezo do torneo é de 10€ por xogador.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.