Grandes resultados os acadados esta pasada fin de semana en ámbolos dous torneos de parellas (P&P OURENSE / AS FAIAS)

17 Feb by Administrador

Grandes resultados os acadados esta pasada fin de semana en ámbolos dous torneos de parellas (P&P OURENSE / AS FAIAS)

O sábado 15 de Febreiro cunha meteoroloxía moi favorable, tocáballe a quenda o P&P Ourense, torneo por parellas na modalidade GREENSOME CHAPMAN. Unha modalidad moi atractiva e divertida para tódolos participantes, ademáis dos incríbles rexistros desta xornada.

Os vencedores SCRATCH (absoluto) foron a parella ANTÓN SÁNCHEZ / JOSE A. GONZÁLEZ, cun espectacular rexistro de 13 golpes baixo PAR.

En HÁNDICAP o primeiro posto foi para os irmáns AITOR DORADO / BORJA DORADO con 15 golpes baixo PAR.

O domingo 16 de Febreiro tocaba xogar no Baixo Miño, no campo de Footgolf de As Faias (O Rosal). O torneo xogouse na mesma modalidade, pero cun dato a ter en conta, fortes refachos de vento o longo de toda a xornada. Isto non foi un impedimento para rexistrar varias tarxetas por debaixo do PAR.

O primeiro posto, SCRATCH (absoluto), foi para a parella formada por JOSE OLIVEIRA / NOÉ CORTIÑAS, con 5 golpes baixo PAR.

En HÁNDICAP o primeiro posto foi para a parella: FABIO PEREIRA / ÁLVARO PORTELA, con 6 golpes baixo PAR.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.