O footgolf, é un deporte onde os xogadores golpean un balón de fútbol (nº5) para introducilo nuns buratos de dimensións adecuadas no menor número de golpes posible.
Foi creado en Holanda no 2009.
Xogaronse tres mundiais, en Hungría 2012, Arxentina 2016 e Marruecos 2018. Tamén se xogaron as seguintes edicións da Euro Footgolf: 2017 en París, 2019 en Reino Unido e no 2021 en Hungría.
O máximo órgano de Footgolf a nivel mundial é a FIFG, sendo o FEFG o representante exclusivo en España e a AGFG a Federación territorial de Galicia.
As regras do footgolf son similares ás do golf, pero destacamos os seguintes aspectos:
1.- Emprégase un balón de fútbol (nº5) en lugar das típicas pelotas de golf, e en vez de usarse paus de golf úsanse os pés. Os xogadores deben introducir a pelota nos buratos, que teñen un tamaño adecuado.
2.- O xogo consiste en percorrer un circuito de 9 ou 18 buratos (par 3, par 4 e par 5), onde se pode xogar individualmente, por parellas ou por equipos. Non hai límite de idade e pode ser practicado tanto por mulleres como por homes. O xogador que complete o circuito co menor número de golpes ou toques co pé posible será o gañador.
Desde o primeiro golpe ou o toque coa pelota, ata o burato, o xogador enfróntase a varios retos, como pistas, árbores, lagos e outros elementos que forman parte do ambiente do terreo de xogo. É, polo tanto, a combinación de técnica, precisión e forza empregada, as habilidades que desempeñan roles moi importantes no desenvolvemento do xogo.