Moitas novidades no Torneo Inaugural de FOOTGOLF (P&P RÍA DE VIGO) – 7.3.2020

8 Mar by Administrador

Moitas novidades no Torneo Inaugural de FOOTGOLF (P&P RÍA DE VIGO) – 7.3.2020

Mañá soleada no Morrazo (Domaio-Moaña) na que gozamos dunha gran xornada inaugural de FOOTGOLF nas instalacións de Golf Ría de Vigo, coa presenza do ex-xogador profesional Jorge Otero e do presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), Rafael Louzán.

Campo acolledor de 9 buratos, PAR 3, moi técnico e ca importante premisa de manter a concentración en todo o percorrido. A clasificación foi a seguinte:

SCRATCH – 1º Noé Cortiñas / 2º Jose Oliveira

HÁNDICAP – 1º Adrián González / 2º Samuel Pereira

Así mesmo, a xornada inaugural serviu para enmarcar un día especial no Footgolf galego, no que a RFGF e a AGFG unen as mans.

O presidente da RFGF, Rafael Louzán, e o presidente da AGFG, Noé Cortiñas, asinan un convenio de colaboración.

O Footgolf galego medra. Todos xuntos, a embocar!!!

http://www.futgal.es/pnfg/NNws_ShwNewDup?codigo=23160&cod_primaria=5000452&cod_secundaria=5000452#.XmQ4YXJKjIU
http://www.futgal.es/pnfg/NNws_ShwNewDup?codigo=23174&cod_primaria=5000289&cod_secundaria=5000289

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *