
Benvido a «Copa Atlántica 2026». Torneo que celebraremos no Campo GOLF RÍA DE VIGO (Domaio – Pontevedra) o domingo 8 de Novembro nun formato de competición individual a 36 buratos (saída a tiro – shotgun en Ronda 1 que serán 18 buratos pola mañá e Ronda 2 outros 18 buratos de tarde). Co sumatorio dos golpes rexistrados nos 36 buratos, coñeceremos o campión nesta edición de «Copa Atlántica 2026».
Destacar que os 18 buratos de mañá serán puntuables para a etapa 16 do Campionato Galego Individual 2026 (GAL250) e os 18 buratos de tarde serán puntuables para a etapa 17 do Campionato Galego Individual 2026 (GAL250). Ademáis a etapa 16 do Campionato Galego Individual 2026 serán puntuables para o RANKING DE PONTEVEDRA. Tamén se disputará a etapa 7 do Campionato Galego parellas na modalidade Foursome e cun formato a 9 buratos (xogarase no tempo morto entre a ronda 1 e 2 da Copa Atlántica).
Os HORARIOS deste gran evento son os seguintes: 8.11.2026 – Check-in e Briefing Ronda 1 (9:00h a 9:10h) / Shotgum Ronda 1 (9:30h) / Etapa 7 Campionato Galego Parellas – shotgum (12:15h) / Check-in e Briefing Ronda 2 (15:00h a 15:05h) / Shotgum Ronda 2 (15:15h) Entrega de premios e clausura o finalizar.
Teremos premios para os 10 primeiros clasificados da xeral, premios os primeiros de cada categoría, premio a mellor aproximación e golpeo mais longo, mellor rookie, mellor estranxeiro (fora de Galicia) e sorteo entre todolos participantes.
Os xogadores levarán rexistro de xogo mediante tarxeta física e clasificación en vivo mediante aplicación móvil.
TARIFAS E REXISTRO:
Os prezos para COPA ATLÁNTICA 2026 son 50€ xogador@ 40€ xogadores con licenza). Se algún xogador decide xogar soamente unha ronda de 18 buratos serían 25€ (20€ xogadores con licenza).
COPA ATLÁNTICA 2026 ten as inscripcións abertas a xogadores con e sen licenza. As inscripcións deben realizarse a través do seguinte enlace antes das 23:59h do xoves 5.11.2026 e completar o pago anticipado a GOLF RÍA DE VIGO:
A inscripción complétase o realizar o pago na seguinte conta:
- CLUB DEPORTIVO GOLF SAN LORENZO
- ES02 0081 5097 14 0001284637
- Concepto: nome completo do xogador + Footgolf
- Obligatorio enviar xustificante a footgolfgalicia@gmail.com
- Data límite de inscripción e pago: 5.11.2026 as 23:59h
Servicios GOLF RÍA DE VIGO: Cafetería-restaurante / Vestiarios /
Informar a organización ante calquera dúbida (669888597 /footgolfgalicia@gmail.com).
GRUPOS DE SAÍDA:
CLASIFICACIÓNS:
