
Benvido a «The Rustic Galician Open 2026». Torneo que celebraremos no campo IBERIK AUGAS SANTAS o sábado 28 de Novembro nun formato de competición individual a 36 buratos (saída a tiro – shotgun en Ronda 1 que serán 18 buratos pola mañá e Ronda 2 outros 18 buratos de tarde). Co sumatorio dos golpes rexistrados nos 36 buratos, coñeceremos o campión da 6ª edición «The Rustic Galician Open».
Destacar que os 36 buratos serán puntuables para a etapa 18 do Campionato Galego Individual 2026 (GAL500). Se algún xogador soamente decide participar na ronda de mañá ou de tarde,e decir, soamente xogar 18 buratos, a sua puntuación será a dun (GAL250). Ademáis TRGO será puntuable para o RANKING DE LUGO.
Os HORARIOS deste gran evento son os seguintes: 28.11.2026 – Check-in e Briefing Ronda 1 (9:00h a 9:25h) / Shotgum Ronda 1 (10:00h) / Check-in e Briefing Ronda 2 (14:00h a 14:10h) / Shotgum Ronda 2 (14:30h) Entrega de premios e clausura o finalizar.
En caso de empate para definir o TOP10 de TRGO, primeiro terase en conta a Ronda 2. Se continúa o empate: back 9, back 6, … En caso de empate para definir o podium de cada categoría na etapa 18 do CGI seguiremos o marcado na circular de competición: xogar un burato de desempate, 5 penalty putts,..
Teremos uns agasallos para as 10 primeiras inscripcións, premios para os 10 primeiros clasificados da xeral, premios os primeiros de cada categoría (masculino, senior +45, senior +55, femenina y junior), premio a mellor aproximación e golpeo mais longo, mellor rookie, mellor estranxeiro (fora de Galicia) e sorteo entre todolos participantes. Tamén se realizará a entrega de premios final do Campionato Galego individual e Campionato Galego Parellas.
Os xogadores levarán rexistro de xogo mediante tarxeta física e clasificación en vivo mediante aplicación móvil.
TARIFAS E REXISTRO:
Os prezos para THE RUSTIC GALICIAN OPEN son 50€ xogador@ (40€ xogadores con licenza). Se algún xogador decide xogar soamente unha ronda de 18 buratos serían 25€ (20€ xogadores con licenza).
THE RUSTIC GALICIAN OPEN ten as inscripcións abertas a xogadores con e sen licenza. As inscripcións deben realizarse a través do seguinte enlace antes das 23:59h do mércores 25.11.2026:
Servicios IBERIK AUGAS SANTAS: Cafetería-restaurante / Vestiarios /
Informar a organización ante calquera dúbida (669888597 /footgolfgalicia@gmail.com).
GRUPOS DE SAÍDA:
CLASIFICACIÓNS:
