CA 2025

COPA ATLÁNTICA 2025 é un torneo transfronteirizo que se xogará a 36 buratos. 18 buratos de mañá (inicio 10:30h) e 18 buratos de tarde (inicio 15:30h). A ronda de tarde da COPA ATLÁNTICA 2025 será puntuable para a etapa 10 do Campionato Galego Individual 2025 que terá 250 puntos en xogo (GAL250). Tamén a ronda de tarde será puntuable para a liga rexional norte de Portugal 2025.

COPA ATLÁNTICA 2025 ten inscripcións abertas a xogadores con ou sen licenza. As inscripcións deberán realizarse a través do seguinte enlace antes das 23:59h do martes 12.8.2025. O pago realizarase o propio día da proba en MONTEBELO GOLFE (Viseu). Informar a organización ante calquera dúbida (669888597 /footgolfgalicia@gmail.com).

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd_NGEf9_p2P72MxFdMrVFHIh0_SAYKuLjikA5-Jwcy7WMnZg/viewform?usp=dialog

As 30 primeiras inscripcións terán un detalle que será entregado o día do evento.

COPA ATLÁNTICA 2025 destacará os 5 primeiros clasificados da xeral, o mellor masculino, senior, femenina, junior, rookie, a mellor aproximación e o golpeo mais longo.

COPA ATLÁNTICA 2025 terá un único greenfee de 45€ xogador@ que inclúe xogar 36 buratos (ronda 1 e 2) e o almorzo.

Nas instalacións de MONTEBELO GOLFE dispomos de servicio de cafetería, restaurante e vestiarios.

Esperámoste na COPA ATLÁNTICA 2025.

GRUPOS DE SAÍDA:

Publicaranse o xoves 14.8.2025

REGRAS LOCAIS:

Informarase previo a competición.

HORARIOS:

Ronda 1 – 9:30h a 10:00h rexistro, recollida de tarxetas. Fora deste horario non se rexistrarán xogadores / 10:00h a 10.10h briefing / 10:30h saída a tiro.

Almorzo – 14:00h

Ronda 2 – 15:30h saída a tiro.

CLASIFICACIÓN: