Liga Provincial Ourense Equipos 20/21
Este sábado día 21, en dous horarios (10:00h e 12:00h), da comezo a Liga provincial por equipos en Ourense.
Prever o vencedor da competición é unha labor imposible, debido a igualdade e nivel dos equipos participantes.
A competición dividirase en dúas categorías tras a xornada 3, e o equipo FC FUTPÉ parece o favorito, xa que conta con xogadores que se fixeron con vitorias en torneos individuais (Bolaño, Morales, Gutierrez, Sequeiros, Jorge Sobrino e Antón Ferreiro).
Con tres xogadores con vitorias, outro dos serios candidatos é FG GRAN TURISMO, no que Rober López, Pablo Rodríguez e Aitor Rodríguez venceron en probas desta tempada.
WALTRAPAS, con Jordán Salgado, ZANJA EN UNO con Jorge Castro e TEMPERAU con Juan Carlos Rodríguez son os outos equipos e xogadores con vitorias en competicións no 2020.
XOGO BONITO, PEITO-RODILLA-MONTE, VETERANOS LAGOAS e P&P OURENSE presentan equipos que darán moito que falar nesta competición, ben na pelexa pola vitoria na 1ª ou 2ª categoría.
Para esta xornada están definidas as quendas de saída: