Pontevedra proclámase campión da 1ª edición da COPA GALAICA 2020

20 Sep by Administrador

Pontevedra proclámase campión da 1ª edición da COPA GALAICA 2020

A final da Copa Galaica disputouse no campo de Footgolf de «Pazo da Touza» (San Amaro- Carballiño).

Arrancou a xornada con algo de choiva, pero iso non foi un impedimento para xogar 9 buratos en parellas (Match Play Foursome) e 18 buratos individuais (Match Play).

Despois de tres intensas horas de xogo, Pontevedra alza a ansiada COPA GALAICA 2020 cun resultado de 15-3.

Parabéns a Pontevedra e Ourense pola excelente deportividade e amizade.

O Footgolf en Galicia medra!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.